12 nov 2013

Espiñeiriña cumpre 10 anos

Hai uns días recibimos unha misteriosa invitación... ESPIÑEIRIÑA ESTABA DE ANIVERSARIO!!! Entre todos os nen@s da clase de segundo preparamos un agasallo: un rap super molón e uns debuxos, mesmo nos mergullamos para facer unha foto de grupo!!

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Ola a todo o mundo mundial!!! Aínda parece que foi onte que empezamos este novo curso e xa fixemos unha morea de cousas... O aniversario de Espiñeiriña, o samaín, o magosto... estade moi atentos ás vindeiras entradas do noso blogue .... ides quedar pampos!!!

14 jun 2013

ASTRONAUTAS DE SEGUNDO!

VELAQUÍ A ORLA DE SEGUNDO CURSO...
 

UN NOVO COMPAÑEIRO!!!

 
 
BENVIDO CARLOS !!!
 
 

13 jun 2013

Final 2º curso...

FIN DE CURSO...
 
Xa que se aproxima o final do curso, deixamos recollidos neste vídeo algúns dos mellores momentos!
 
 
UNHA APERTA!!!
 
 
 
 
 
 
 

8 abr 2013

Candela trae unha planta carnívora a clase!!

O pasado venres Candela trouxo unha planta carnívora a clase...pero estade tranquilos que  non comeu a ningún neno.
Esta planta, aliméntase de sales minerais e auga coma todas, pero as extrae dos insectos, e chámase Dionaea muscipula ou tamén Venus atrapamoscas.
 Gustounos moitísimo... Grazas Candela!!!


Cine e flocos de millo no primeiro ciclo!!!


  O pasado día 21 de marzo, tivemos unha sesión de cine.Na clase de segundo proxectouse a película: Planet 51. Mercamos a entrada, que nos custou 4 euros, e os flocos de millo que valían 1,50 e había que pagar con importe exacto.
 Foi moi divertido, e barato... porque non pagamos con cartos de verdade!!!!

20 feb 2013

XERMINACIÓN DUNHA SEMENTE (2ª parte)

Se antes vimos os materiais que necesitamos, agora podemos ver como é proceso... MOI REQUETEFÁCIL!



Original Video - More videos at TinyPic

Xabi, Kiara, Anxo, Laura, Roi e Mario explícannos como é o proceso...

XERMINACIÓN DUNHA SEMENTE (1ª parte)


A continuación amosamos os materiais que precisamos para ver a xerminación dunha semente:



Original Video - More videos at TinyPic

UN ENTROIDO MOI ESPACIAL!

A TÁBOA DO 3


Este trimestre comezamos coas táboas de multiplicar!!! Velaquí deixamos unha canción para que vos axude a aprender a táboa do 3, UN NÚMERO MOI COMILÓN!