9 dic. 2010

Canción para o Nadal

Como non podía ser doutro xeito aquí tedes a canción para cantar este mes, pedimos o aguinaldo. A pedida do aguinaldo era requisito indispensábel para as roldas de mozos e mozas que saían cantar polas casas da parroquia. O Orfeón Treixadura e Malvela recrean neste tema varias coplas populares da pedida do aguinaldo.
Este tema atópase no CD Quiquiriquí.



OVOS E TORRESMOS

AGUINALDO PIDO
CON DISPOSICIÓN:
OVOS E TORRESMOS,
CAIXAS DE TURRÓN.
O AGUINALDO IMOS
E AO AGUINALDO ANDAMOS
SE NOS DAN AS FABAS
TAMÉN AS TOMAMOS.

DEA O AGUINALDO
SE O QUERE DAR
QUE BASTANTES PORCOS
TEN PARA MATAR.
DEA O AGUINALDO
ANQUE SEXA POUCO
TOUCIÑO E MEDIO
E A METADE DOUTRO.

DEA O AGUINALDO
SEÑORA CASADA
OVOS E TORRESMOS
FAN BOA EMPANADA.
DEA O AGUINALDO
SEÑORA SOLTEIRA
CARTOS OU TORRESMOS
O QUE VOSTÉ QUEIRA.

MOCIÑAS CASADAS
E MAILAS SOLTEIRAS
IDE SACUDINDO
NESAS FALDRIQUEIRAS.
DEA O AGUINALDO
QUEREMOS MARCHAR
VIMOS DE MOI LONXE
E HAI MOITO QUE ANDAR.