9 dic 2010

Canción para o Nadal

Como non podía ser doutro xeito aquí tedes a canción para cantar este mes, pedimos o aguinaldo. A pedida do aguinaldo era requisito indispensábel para as roldas de mozos e mozas que saían cantar polas casas da parroquia. O Orfeón Treixadura e Malvela recrean neste tema varias coplas populares da pedida do aguinaldo.
Este tema atópase no CD Quiquiriquí.



OVOS E TORRESMOS

AGUINALDO PIDO
CON DISPOSICIÓN:
OVOS E TORRESMOS,
CAIXAS DE TURRÓN.
O AGUINALDO IMOS
E AO AGUINALDO ANDAMOS
SE NOS DAN AS FABAS
TAMÉN AS TOMAMOS.

DEA O AGUINALDO
SE O QUERE DAR
QUE BASTANTES PORCOS
TEN PARA MATAR.
DEA O AGUINALDO
ANQUE SEXA POUCO
TOUCIÑO E MEDIO
E A METADE DOUTRO.

DEA O AGUINALDO
SEÑORA CASADA
OVOS E TORRESMOS
FAN BOA EMPANADA.
DEA O AGUINALDO
SEÑORA SOLTEIRA
CARTOS OU TORRESMOS
O QUE VOSTÉ QUEIRA.

MOCIÑAS CASADAS
E MAILAS SOLTEIRAS
IDE SACUDINDO
NESAS FALDRIQUEIRAS.
DEA O AGUINALDO
QUEREMOS MARCHAR
VIMOS DE MOI LONXE
E HAI MOITO QUE ANDAR.

15 oct 2010

Canción do Samaín

Aquí tedes un vídeo coa canción do Samaín de "Mama Cabra" (Cd "Patatín patatán". O vídeo foi elaborado polo equipo da biblioteca do CEIP Mestres Goldar.

22 sept 2010

Xoaniña


Empezamos novo curso e este ano seguiremos aprendendo cancións, ditos e recitados en galego, aí vos vai o primeiro:


XOANIÑA

Xoaniña,
voa, voa
que che hei dar
pan de broa.

Xoaniña,
voa, voa
que che hei dar
pan e cebola.

Xoaniña,
voa, voa
vai e tráeme
algunha nova.

Xoaniña,
voa, voa
que teu pai
vai en Lisboa.





11 may 2010

cocorico




Cocorico-rico
quere un biscoito;
a Mamá Galiña
faillo para o almorzo.

Picotí,picotá!
Ai que rico,Cocorico!
Picotí,picotá!
Ai que rico ,rico está!

O Gato Pelado,
que tamén ten fame,
pensa no biscoito:
quere a metade.

Maramiau,marramiau,
marramiau,miau,miau,miau.

Cocorico-rico
come o doce enteiro;
a mamá,enfadada,
méteo nun pucheiro.

Picotí,picotá!...


O Gato Pelado,
co dente afiado,
cheira pola casa:
busca o seu bocado.

Maramiau,marramiau,
marramiau,miau,miau,miau.


Cocorico-rico
pega un espirrazo
e Gato Pelado
marcha disparado.

Picotí,picotá!..Maramiau

7 may 2010

OS ROMANOS E AS ROMANAS

Os romanos

Roma foi na antigüidade un poderoso país que chegou a dominar a maior parte do mundo coñecido ata entonces. Estaba situado no centro da actual Italia. En principio só ocupaba unha cidade e os seus arredores pero pouco a pouco foi conquistando aos seus veciños e fíxose moi grande. Os seus habitantes chamábanse romanos.



No século II (2) antes de Cristo chegaron a España – á que lle chamaban Hispania - por mar ,cruzando o Mediterráneo. En principio só viñan para atacar a cidade do seu inimigo,o cartaxinés Anibal que ao mesmo tempo estaba intentando invadilos a eles cruzando os Alpes cun exercito no que ían moitos elefantes.










Despois decidiron quedarse e conquistartoda Hispania pero tardaron case 200 anos en chegar ata Galicia.
Galicia ocupaba moito máis territorio do que ocupa na actualidade :o norte da actual Portugal, Asturias ,Cantabria e parte de León e Castela ...
Os galegos, ou galaicos eran difíciles de conquistar.Así que tiverono que intentar varias veces:
Primeiro intentou chegar ata aquí o xeneral Xulio Bruto e o seu exército .Con moito traballo cruzaron a pé os altisimos montes galegos pero ao chegar ao rio Limia ,na provincia de Ourense deulles por pensar que se o cruzaban perdían a memoria e non ían ser capaces de voltar.

Máis tarde chegou outro xeneral : Xulio César .Para evitar cruzar o rio Limia veu por mar e atracou na Coruña _eles chamaronlle Brigantiun_

Por último chegou, outra vez a pé, o xeneral Augusto e venceu aos galaicos ,astures e cántabros no monte Medulio ,entre León e Galicia.


O idioma dos romanos era o latín e ensináronllo a todos os pobos que conquistaban . O latín íase mesturando coas linguas que xa falaban os habitantes destes pobos e así naceron moitas das linguas actuais : galego, castelán ,catalán ,francés, italiano…
En Hispania conservouse sen mesturarse ,non se sabe moi ben por que ,a lingua vasca.
Algúns pensaban que os romanos non foran capaces de invadir o seu territorio pero hoxe en día sábese que si estiveron alí pero “pacíficamente” só para facer “negocios” e non como invasores.

Dos romanos aprendemos tamén outras moitas cousas : os números, as letras,o calendario, a maneira de sementar,a construcción das viviendas,as formas de goberno, leis…
Deixáron moitas construccións que aínda se poden ver hoxe : calzadas, murallas, pontes ,acueductos…

Os romanos e romanas tiñan moita preocupación polo seu aspecto personal : eran moi aseados e coidaban moito o seu peiteado e a sua roupa.







Se queres saber máis sobre os romanos pica nos seguintes enlaces.

26 abr 2010

O Maio no colexio


Para os que non se lembran da canción do noso Maio aquí a tedes para aprendela:

Eiqui ven o Maio,
vestidos de xestas,
para darlle as grazas
a señora Teresa.

Eiqui ven o Maio,
vestido de flores
para darlle as grazas
a señora Dolores.

Eiqui ven o Maio,
por riba dos tellados,
eiqui ven o Maio
de roubar os espantallos.


Eiqui ven o Maio,
por riba das testas,
eiqui ven o Maio,
vestido de xestas.

Eiqui ven o Maio
pola Costa da Vela,
eiqui ven o Maio
camiño de Compostela.

Eiqui ven o Maio
pola pescadería,
eiqui ven o Maio
camiño da Romaría.

Eiqui ven o Maio
polos muros da eira,
eiqui ven o Maio
do colexio de Espiñeira.

3 mar 2010

Canción para o 2º trimestre

O meu burriño

Arre, corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bon!


- ¡Corre meu burriño;
non galopes, voa!
¡A ver se lle ganas
ao vento que zoa!
- ¡Arre, meu burriño!
non sexas preguiceiro!
¡A ver se lle ganas
ao vento lixeiro...!
- ¡Corre meu burriño,
nos cascos pon ás!
¡Se queres, ao vento
deixarás atrás...!
- ¡Arre, meu burriño!
¡Corre máis deprisa!
¡Que se perde o vento
xa verás que risa...!

10 feb 2010