28 nov. 2012

A familia

Os nenos de primeiro de primaria invitámosvos  a aprender un pouquiño máis coa familia máis famosa da televisión.... Practicamos cos Simpson.



Día en contra do maltrato a muller


O pasado venres 23 no noso cole conmemoramos o día en contra da violencia de xénero, ou o día en contra da violencia contra as mulleres.
Días antes, todo o primeiro  ciclo de primaria nos xuntamos na clase de segundo para traballar, traballamos moítisimo, coloreamos un lazo mega grande de cor violeta, as letras, as profes léronnos o conto de Artur e Clementina...
E despois o día 23 o colocamos todo no corredor do primero ciclo, ah!!! e as profes nos colocaron o lazo ... non tan grande como o que pintamos eh!!! e tamén bailamos e cantamos a canción de Huecco "Se acabaron as lágrimas".
Fixádevos que guapos e guapas estamos todos e todas nas fotos... biquiños desde o primeiro ciclo a todo o mundo mundial!!




19 nov. 2012

Bailamos moz@s?

Hoxe no primeiro ciclo tivemos unha actuación de luxo, Alba e Elena tocarónnos unhas pezas coa pandeireta... Están feitas unhas artistas!!!! Pasámolo estupendamente!!!

TEMPO DE MAGOSTO

Velaquí amosamos o mural da CASTAÑA QUE ESTOUPOU DE RISA que fixemos entre todo@s durante este tempo de Magosto.

13 nov. 2012

OBRADOIRO DE SAMAÍN

Este ano os nenos e nenas do primeiro ciclo fixemos no noso corredor un Obradoiro de Samaín, no que realizamos Bruxas para decorar o túnel terrorífico da Biblio... Aquí deixamos algunhas fotos dos nosos traballos. Esperamos que vos gusten!!!

12 nov. 2012

SAMAÍN 2012

Zombies, bruxas, momias, pantasmas e vampiros...!