19 mar 2014

Está coma un tren!!!



Vaia con Espiñeiriña!!!
Este curso os libros da mochila viaxeira están sendo moi inspiradores....
Tíñamos noticia de que o libro sobre traballos  con  plastilina estaba facendo estragos no chan do salón dalgunhas casas dos alumnos de segundo....
Pero o libro de cociña ummmmmmm! 
Fixo que Candela  e o seu tío fixesen unha OBRA DE ARTE!

Como estaba o tren....!   si iso, cando rematamos con el non quedaron nin  as vías. 

14 mar 2014

A misión de Espiñeiriña...

O martes pasou algo asombroso ...

Recibimos unha carta!!
Debía de ser algo importante, pensamos, de quen será???
Pois nin máis nin menos que Espiñeiriña!!
Na carta encárganos a misión de investigar sobre as árbores do cole...
Aí van as que nos tocaron a  segundo:

Plátano de sombra
Álamo branco
Pexegueiro
Nogueira
Salgueiro Chorón