12 feb 2014

Mariluz avestruz visita segundo

Hoxe Elena trouxo de visita a súa amiga Mariluz, por iso fixemos unha descrición de esta nova amiga, investigamos e creamos… aí vai:

Mariluz Avestruz é unha ave que vive en África, ten o corpo cuberto de plumas, un largo pescozo sen plumas , uns ollos moi grandes e unha cabeza pequena.
É unha ave grande e moi pesada pode medir 3 metros e pesar 180 Kg.
É un animal omnívoro,porque come plantas é pequenos animais.
É un animal ovíparo, os seus ovos son os máis grandes de todas as aves, poden medir 25 cm., e pesar entre 1 e dous kilos.Cada femia pode por entre 10 e 15 ovos.
A pesar de ser unha ave non pode voar pero como ten as pernas musculadas pode correr ata 90km/h. Ten dous dedos en cada pata e cando se sinte acurralada as emprega como mecanismo de defensa.
Cando se senten en perigo non agochan a cabeza na terra senón que ou corren ou atacan coas súas patas.
Mariluz avestruz é un animal moi interesante!!